Por un mundo máis xusto

Por un mundo máis xusto

Coma os seres humanos, os animais doutras especies tamén poden sofrer e desfrutar. A comunidade científica ten asinalado isto de xeito claro. En 2012, un importante grupo de representantes do mundo da ciencia asinou a Declaración sobre a Consciencia de Cambridge, que di:

Os humanos non somos os únicos en posuír a base neurolóxica que dá lugar á consciencia. Os animais non humanos, incluíndo a todos os mamíferos e aves, e a outras moitas criaturas, entre elas os polbos, tamén posúen estes substratos neurolóxicos”.

A consciencia, tamén coñecida como sintiencia, permítenos sofrer e desfrutar. Os animaiscon sistemas nervosos que procesan información, vertebrados ou invertebrados, son sentintes.

 

Sabes o que é o especismo?

Coñecías a palabra “especismo”? É empregada no ámbito académico e científico, e tamén por outras persoas de todo o mundo. Refírese á discriminación sofrida pola meirande parte dos animais. O seu significado é similar ao de “racismo” ou “sexismo”. A maioría pensamos que discriminar a alguén por ser muller ou pola súa cor de pel ou rasgos físicos é incorrecto. Mais que é o que acontece cando se fai sofrer a alguien por ser membro dunha certa especie e non doutra? Iso é tamén unha forma de discriminación.

Tradicionalmente moitos animais teñen sido usados como meras cousas. Mais iso xa está amudar. Moitos erros, como a crenza en que a Terra era chá, foron mantidos durante séculos. De xeito similar, a escravitude foi aceitada ao longo da historia ate que houbo persoas que a cuestionaron e loitaron contra dela. O mesmo comeza a acontecer agora coa explotación animal.

 

O especismo non ten xustificación

Hai quen pensa que está xustificado discriminar e facer sofrer aos animais porque son menos intelixentes ou menos fortes que os seres humanos. Mais hai moitos seres humanos que, por accidentes, enfermidades ou problemas de nacemento, teñen capacidades intelectuais moi limitadas. Por iso están nunha situación máis feble en relación á maioría de seres humanos. Está xustificado facer sofrer e discriminar a estes seres humanos pola súa situación de debilidade? A maioría entendemos que non. Isto amosa que non está justificado discriminar a quen é menos intelixente ou se atopa nunca situación de debilidade. Polo tanto, non está justificado facerllo aos animais.

Á hora de non facer sofrer ou non discriminar a alguén, o que debería importar é só se pode sofrer e desfrutar. Por iso deberiamos respeitar a todos os animales sentintes, que, coma os seres humanos, son sentintes, isto é, sofren e desfrutan.

 

aepic28A defensa dos animais e o ecoloxismo son cousas totalmente diferentes

A defensa dos animales é moi diferente do ecoloxismo. Defender aos animais supón ver a estes como individuos. Cada animal importa, con independencia da súa especie ou de onde viva. O ecoloxismo defende a preservación dos ecosistemas e as especies. Por iso, pon sempre o equilibrio dun ecosistema ou a preservación dunha especie en particular por riba dos intereses dos individuos. Por exemplo, o ecoloxismo defende en ocasións matar a animais de especies numerosas para promover a conservación de certas especies con menos individuos ou a preservación de certas plantas, ao cal se opoñen as persoas que defenden aos animais.

 

Os animais domesticados e os animais que viven na natureza sofren debido ao especismo

Os animais son explotados de xeito sistemático, e se lles fai sofrer nas granxas debido ás actitudes especistas. Son confinados de xeito que non conseguen xirar sobre si mesmos, e case non se poden mover. A moitos córtanlles o pescozo e sofren unha morte moi dorosa estando totalmente conscientes. E outros son submerxidos en auga a ferver, esfolados ou despedazados estando ainda vivos. Outros animais son cazados ou pescados, e privados das súas vidas tamén de xeito moi doroso. Hai personas que coidan que os animais teñen normalmente unha vida boa na natureza. Mais isto non é o que realmente acontece. Hai moitas causas polas que os animais sofren no mundo selvaxe. Estas inclúen a fame, sede, enfermidades, desastres naturais, parásitos, feridas e lesións, así como o frío, calor, chuva e outras condicións ambientais hostís.

Mais hai tamén moitos exemplos de xeitos de axudar aos animais que viven na natureza. Apreocupación polos animales vai en aumento, e cada vez aprendemos máis sobre como lles dar axuda. Por desgraza, a falta de consideración polos animais fai que a miúdo non se faga ren por eles aínda nos casos nos que facelo é perfectamente posíbel.