Cada vez máis xente está convencida de que os animais deberían ser defendidos do sofremento e a explotación, e non deberían ser discriminados. Por iso deciden facer algo ao respecto. O xeito no que actuamos, incluíndo o que eleximos comer, pode supór unha grande diferenza para os animais.
O veganismo é unha maneira de actuar e vivir que tenta evitar que se dane aos animais non humanos na medida na que poidamos. Isto inclúe o que facemos de maneira directa, e supón rexeitarmos actividades como a pesca e a caza. Mais inclúe tamén o máis importante (pois afecta a moitos animais): o que apoiamos co noso consumo. Os animais sofren e son matados nas granxas e matadoiros porque hai unha demanda de produtos de orixe animal, especialmente para o seu consumo como comida. O veganismo supón elexir consumir outros produtos, para que os animais non sexan danados.
Así, o veganismo transmite unha mensaxe de respeito por todos os seres sentintes. As persoas que elixen o veganismo ven aos animais como seres que deberíamos respetar, e non como obxectos para o noso uso.
Cada vez máis persoas elixen substituir os alimentos de orixe animal por alternativas sabrosas e saudábeis. Con todas as opcións disponíbeis, reemprazar os produtos de orixe animal por alternativas vexetais é máis doado do que ten sido nunca.
Nos supermercados e tendas de comestíbeis podemos elexir unha ampla variedade dealimentos vexetais a bó prezo: lentellas, pasta, arroz, cereais, verduras, froitas, froitos secos… Tamén son habituais as bebidas vexetais de soxa, avea e arroz, así como os iogurtes e xeados vexetais.
Non sabes o que pedir cando saes a comer fora? En moitos restaurantes podes pedir arroz, pasta, setas, ensaladas, patacas, e se poden cambiar alguns ingredientes se non son pratos veganos. Ademáis, nos restaurantes chineses, árabes, indios e italianos, entre moitos outros, hai pratos deliciosos que non levan ingredientes de orixe animal.
Hai tamén outros pasos, ainda máis sinxelos, que podemos dar para pór fin ao sofremento animal. Por exemplo, ao mercar roupa podemos elexir alternativas á pel, o coiro, a lá e as plumas. Hai moitos materiais diferentes á nosa disposición: algodón, liño, poliéster, tecidos sintéticos… E hai tamén moitas actividades de ocio das que podemos desfrutar sen participarmos na explotación animal. Podémonos divertir de moitos xeitos sen acudirmos a espectáculos con animais, nen irmos pescar ou cazar.
A Academia de Nutrición e Dietética (a maior organización de nutricionistas en todo o mundo) ten indicado insistentemente que unha alimentación sen produtos de orixe animal é saudábel en todos os intres da vida. Isto vese demostrado tamén polo feito de que millóns de seres humanos teñen vivido de maneira vegana dende hai décadas. Calquera pode facelo. Tamén ti!
Cada vez máis persoas están a cambiaren os seus hábitos de consumo. Teñen elexido pór da súa parte para rematar coa explotación animal. Podemos unirnos a esta causa. Os animais necesitan máis personas que os defendan.